Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 24 de xuño

11.00 h.
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, inaugura as Escolas Municipais de Verán de Pío XII (11.00 h.) e Fontiñas (11.30 h.). A continuación, a concelleira visitará os CEIP Colexiata de Sar e Quiroga Palacios.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Mar Martín; do presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, José Manuel Siso, e do presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; para presentar a campaña de sensibilización social "Panos brancos contra a droga 2008".

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao coronel xefe do Aeródromo Militar, Miguel Pérez Herrero.

20.00 h.
Homenaxe a Curros Enríquez
No CSC do Ensanche, conferencia de Pilar García Negro baixo o título de A defensa da lingua galega en Curros, dentro dos actos que a concellaría de Cultura organiza para conmemorar o centenario da morte de Curros Enríquez.

20.00 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, preside o Consello Municipal de Medio Ambiente.

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Relacións Veciñais.

21.00 h.
Homenaxe a Curros Enríquez
No Teatro Principal, concerto Na frente unha estrela, con María José Ladra, Antón de Santiago e Cítola, dentro dos actos que a concellaría de Cultura organiza para conmemorar o centenario da morte de Curros Enríquez.

Compartir: