Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 23 de xuño

12.00 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h.
O escritor brasileiro Paulo Coelho visita o Concello, onde será recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A continuación, asinará no Libro de Ouro da Cidade.

19.00 h.
No parque de San Lázaro (ao lado do Palacio de Congresos, na entrada do Camiño Francés a Santiago), inauguración da rúa Paulo Coelho, coa presenza do escritor.

20.00 h.
No parque de Vista Alegre, recepción a Paulo Coelho, na que estarán presentes representantes do mundo da cultura.

21.00 h.
Cultura Vai Circuito 4x4
No Teatro Principal, concerto de Treixadura+Orfeón Treixadura dentro do Ciclo Cultura Vai Circuito 4x4.

Compartir: