Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 19 de xuño

11.00 h.
Na torre central da Praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, para presentar a nova campaña promocional de consumo para este verán Fresquing. Na rolda tamén estará o presidente do Mercado de Abastos de Santiago, José Fernández Rodríguez.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o I Encontro Galego de Escolas Municipais de Música, que se celebrará o sábado 21 de xuño, con motivo do Día Internacional da Música.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Premio Galicia Calidade e o patrocinio
de Estrella Galicia no Concurso SANTIAGO(é)TAPAS. Na rolda tamén estarán o xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi; o director de Galicia Calidade, Ignacio Louzao; e o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández Iglesias.

13.00 h.
No Paseo Central da Alameda, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición Manuel Curros Enríquez: nación, liberdade e progreso que a Concellaría de Cultura organiza dentro dos actos que se están a celebrar na cidade do centenario da morte de Curros Enríquez.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h.
Na sala circular do Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos colexios profesionais para falar da presenza de Santiago na Expo Xangai 2010.

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Programa:
De Andalucia a Aragón --------Pasodobre -------------- J. Texidor
La Torre del Oro ------------- Preludio sinfónico ---------- G. Giménez
Diego de Acevedo ----------------- Suite ---------------------- Asíns Arbó
I.- Int. y marcha
II.- Intermedio
III.- Seguidillas
IV.- Nocturno
V.- Bolero
VI.- Bailén.
La Calesera ------------------ Fantasía --------------------- F. Alonso
El Niño ----------------------- Pasodobre ----------------- J .L. Media-Villa

20.00 h.
No Centro Galego de Arte Contemporánea, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á preview da exposición Situación. Un proxecto diagnóstico, que organiza o CGAC con motivo do seu 15 Aniversario. Asiste tamén a tenenta de alcalde e concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

20.00h.
No Parque de Belvís, na zona das hortas, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, entrega os títulos das hortas aos adxudicatarios destas parcelas que a Concellaría pon a disposición da cidadanía para o seu cultivo.

III Ciclo de Cinema Gai, Lésbico, Bisexual e Transexual

20.15h. Clandestinos de Antonio Hens
22.15h. Outing Riley de Pete Jones

Semana Cultural CSC A Trisca

11.00h.
Letras Contadas
Contacontos infantil a cargo de Altega, SL con A bruxiña sen vasoira. Asistirán as nenas e nenos do colexio Vilas Alborada.

18.00h.
A Linguaxe da Ciencia
Obradoiro de Ciencia Divertida "Reaccións Químicas" para rapazas e rapaces de 4 a 10 anos.

20.30h.
A Palabra Interpretada
Teatro "O florido pensil" a cargo de Carauta Teatro.

IV Semana Cultural do Castiñeiriño

17.30h. Campionato de Fútbol 3x3
19.00h. Charla-exhibición dos xogadores do Autos Lobelle
20.00h. Obradoiro de música Disco con Projecto Mourente
22.00h. Actuación de Dj's.

Compartir: