Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 18 de xuño

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey; co presidente de Acotés, José Oreiro; cos presidentes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela e Comarca (Restauración e Hospedaxe), Jesús Sordo e José Antonio Liñares; e co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Xesús Chenel.
NOTA: Ao remate manterán un encontro cos medios de comunicación.

12.00 h.
Na Fundación Compostela Deporte, o concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación, Andrés Fariña; a xerente de Aquagest en Santiago, Paula Piñeiro, e o director deportivo do Club Ciclista Aquagest, Juan Rey; presentan o I Premio Aquagest-Mini BTT.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar Entredanzas. Mostra de Danza na Rúa, que se celebra por primeira vez este ano e será os días 20, 21 e 22 de xuño.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, para presentar a I Festa do Verán. A Feira do Sol, que se celebra o sábado 21 no Parque de Belvís.

13.00 h.
No Colexio San José de Cluny, a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presenta a campaña "Igualmente diferentes, espazos compartidos".
Esta campaña pretende fomentar e difundir os valores positivos da corresponsabilidade e o reparto de tarefas domésticas e ocio entre homes e mulleres, como principio fundamental da igualdade de xéneros e a xustiza social.
Esta campaña está baseada no traballo realizado polo alumno gañador, Ángel Jorge Iglesias, do curso 1º ESO A do Colexio San José de Cluny, do Concurso de Ideas sobre a corresponsabilidade familiar na realización das tarefas domésticas, convocado polo departamento de Muller no mes de marzo e subvencionado pola Deputación da Coruña.

20.00 h.
No Centro de Maiores da Obra Social Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición Xente "de mente", organizada pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA).

21.00 h.
Cultura Vai Circuito 4x4
No Teatro Principal, concerto de Mercedes Peón dentro do Ciclo Fusión do Circuito 4x4

IV Semana Cultural do Castiñeiriño
17.30 h.- Xogo de pistas
19.00 h.- Contacontos co grupo Migallas que leva por título Canto Contas.
18.30 h.- Charla sobre os Queixos das Denominacións de Orixe

Semana Cultural CSC A Trisca
11.00 h.
Maxia na palabra
Contacontos infantil a cargo de Marisa Irimia. "Xogo do Misterio das 6 portas" 17.30 h.
A linguaxe da natureza
Saída guiada pola Alameda de Santiago a cargo de Manuel Fernández Méndez, técnico de Mocidade do Concello de Santiago.
18.00 h.
Xogamos coas palabras
Xogos para rapaces e rapazas de 4 a 10 anos.
20.00 h.
Cinema
Proxección do filme "La vida secreta de las palabras" de Isabel Coixet (2005).

Compartir: