Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 23 de decembro

9.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Cultura, Ángel Currás, para presentar unha moción.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a segunda edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Tamén estará o director-xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, para presentar unha campaña de consumo responsable no Nadal.

12.00 h.
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o Campionato Galego de Ciclocross, que se celebrará o domingo 28.

12.30 h.
No estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación Compostela Deporte, Andrés Fariña, para presentar o Torneo Solidario organizado polo Centro Deportivo Don Bosco, o CD Belvís e o Clube Deportivo Bosco, en colaboración coa Fundacion Compostela Deporte.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Praza Roxa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a carpa de Nadal do Centro Comercial Aberto do Ensanche.

13.30 h.
Na sede da Mancomunidade da Comarca de Santiago (rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza da asociación Sar-Ulla.

14.00 h.
Na sede da Mancomunidade da Comarca de Santiago (rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza ordinaria da devandita entidade.

17.00 h.
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside da xuntanza da Fundación Compostela Deporte.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2.- Aprobación definitiva do Estudo de detalle do quinteiro 6 do SUP-1. Romero Donallo
3.- Aprobación definitiva do Estudo de detalle da parcela residencial R1 do SUNP-4. Camiño Francés
4.- Aprobación da modificación da Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria.
5.- Dar conta da incoporación da cidade de Santiago á Rede Española de Cidades polo clima.
6.- Dar conta de Resolucións da Alcaldía sobre delegacións.
7. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
8.- Rogos e Preguntas.
9. -Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h.
No Pavillón de Santa Isabel, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido do Lobelle.

Nadal Cultural
17.00 e 19.00h. No Teatro Principal, Teatro Regional da Serra do Montemuro presenta Qaribó de Abel Neves
19.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro de Protocolo de presentación de mesas de Nadal.
20.00h. No CSC de Vite, actuación da Coral José Saramago e da Coral O Castiñeiriño.
20.00h. No CSC das Fontiñas, actuación da coral A Xuntanza e do Coro A Ruliña de Laraño.

Compartir: