Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 19 de decembro

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa de Corais no Nadal.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias e o director de marketing de viaxes El Corte Inglés en España e Portugal, Fernando Tomás, presentan un convenio de colaboración entre Turismo de Santiago e viaxes El Corte Inglés para a promoción turística de Santiago de Compostela na Península Ibérica.

12.00 h.
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Pista de Xeo. NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.50 h. da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos; Maximino Zumalave, director da Real Filharmonía de Galicia; e Kucha Movilla, directora técnica da Fundación Meniños para presentar o Concerto de Reis que a Real Filharmonía ofrece o luns 5 ás 22.00h no Auditorio de Galicia, a beneficio da Fundación para a infancia Meniños.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos traballadores do Concello de Santiago.

18.00 h.
No Local Sociocultural de Figueiras, Contos chegados doutros lugares de Mario Tomás dentro do programa Letras Vivas Animación.

18.30 h.
No CSC da Trisca, Encontros coa fantasía dentro do programa Letras Vivas Animación.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia. Antonio Ros Marbá, director/ Isabel Monar, soprano/ Marina Rodríguez Cusí, mezzosoprano/ Gustavo Peña, tenor/ Josep Miquel Ramón, barítono/ Sociedad Coral de Bilbao (Iñaki Moreno, director). . Asiste o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Nadal Cultural
18.00h. No CSC e Xuvenil do Ensanche, Obradoiro: Protocolo de presentación de mesas de Nadal.
18.00h. No CSC das Fontiñas, Cinefórum coa proxección de It´s a wonderful life (Que belo é vivir!) de Frank Capra.
18.30h. No CSC A Rocha, Obradoiro de Ornamentación con centros florais.
18.30h. No CSC da Trisca, Contacontos Encontros ca Fantasía.
19.00h. No CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Obradoiro de Ornamentación con centros florais e Obradoiro de postais de Nadal con Power Point.
20.00h. No CSC da Trisca, actuación da Coral da Asociación Musical Solfa e do Coro A Ruliña de Laraño.

Compartir: