Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 1 de marzo

11.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visita as obras de mellora realizadas na Finca de Vista Alegre.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o congreso "A cidade intuída. Compostela 2021". Asiste a concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira. Programa:
17:00 h. Presentación
17:30 h. Exposicións TERRITORIO
RIOS: Cristina Ansede e Alberto Quintáns
CAMIÑOS: rvr arquitectos
NÚCLEOS TRADICIONAIS: Oscar Andrés, Santiago García e Jesús Conde
19:30 h. Conferencias
Pedro Riera (Arquitecto pola ETSA de Barcelona, fundou RGA arquitectos en 1982 realizando proxectos ampliamente recoñecidos como o Edifici Central de Fecsa).
Cristina Guedes (Licenciada pola FAUP en 1991 e cunha pos-graduación en "Planeamento e Proxecto do Ambiente Urbano" pola mesma universidade, traballou no estudo de Álvaro Siza antes de formar o atelier Guedes+DeCampos)

17.00 h
No LSC da Enfesta, Obradoiro Novas Tecnoloxías Costumes de Entroido.

18.00 h
No LSC de Lamascal, Obradoiro Máscaras de Entroido.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa federación de veciños do rural, FERUSA.

Compartir: