Previsións informativas para o venres 16 de outubro
11:00 h.
Biblioteca Pública Anxel Casal. A concelleira de Acción Cultural en funcións Marta Abal, visita, xunto a outras autoridades, a exposición "Letras Galegas 2020 Carvalho Calero, a voz presente".
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; e o xerente da Zona norte de ADIF, Luis Palacios, asisten á apertura á circulación da rúa Clara Campoamor. O acto comezará cun percorrido a pé pola rúa ata a altura da pasarela da terminal intermodal. Haberá declaracións aos medios.
Punto de encontro: rotonda da rúa do Restollal coa Rúa Clara Campoamor.
20:00 h.
Auditorio de Galicia. Concerto do trompetista Esteban Batallán, acompañado da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, dirixida por Casiano Mouriño.