Previsións informativas para o sábado 21 de maio
11.30 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, dá a benvida aos participantes na sesión de contos para nenos e nenas de 0 a 3 anos dentro da Campaña municipal de animación á lectura.
12.00 h
En Fonseca, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao acto de clausura do programa 4º Ciclo da USC.
17.00 h
No CIAC (Belvís), Obradoiro de bioconstrucións para flora e fauna urbanas. Trátase dun taller de construcións caseiras con material de refugallo que teñen como función favorecer un espazo amable para a biodiversidade nun terreo urbano: hortas de balcón, hortas verticais, hoteis de insectos, niños e comedeiros...
20.30 h
No Teatro Principal, ‘Solo de Impro’ de Omar Argentino, dentro de 'Imperdible. Festival Internacional de Impro de Galicia'.