Previsións informativas para o mércores 3 de febreiro
9.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á inauguración de 100 consello para 2016.
11.00 h
Na sede de Cáritas Interparroquial (Hospitaliño, nº2), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto de entrega dos diplomas acreditativos das accións formativas desenvolvidas en 2015.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación mensual da súa Concellería.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal sociaista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
18.00 h
No Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Madrid), o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á entrega dos premios Cidade Sostible.