Previsións informativas para o mércores 5 de agosto
12.00 h
Os concelleiros de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, visitan as obras de reurbanización da rúa e do parque da Caramoniña. Punto de encontro: diante da dársena de autobuses de La Salle.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a alcaldesa en funcións, María Rozas, recibe os participantes na LVIII edición dos Cursos Universitarios e Internacionais de "Música en Compostela".
19.30 h
Na Praza de San Martiño Pinario, Isla Letriska presenta ‘Letriska Inmobile’ (novo circo) dentro do festival Verán na Rúa.
20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave, dentro do LVIII Curso Universitario Internacional Música en Compostela.