Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 9 de xuño

9.40 h a 14.00 h (aprox) e 16.00 h a 19.00 h
No pavillón de Santa Isabel, campionato alevín de waterpolo. Ás 19.00 h, entrega de trofeos.

11.00 h
Na estación de ferrocarril, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de presentación do novo tren talgo S-730 Santiago - A Coruña.

16.00 a 21.00 h
No pavillón de Fontiñas, clausura da temporada do Club Deportivo Fontiñas.

17.00 h
No recinto feiral de Amio, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, clausura a Xornada en pro da normalización da discapacidade, organizada polo equipo de Dinamización Urbana Santiago Norte, da Concellería de Benestar Social. A xornada comeza ás 11.00 h. (Máis información en www.santiagodecompostela.gal)

18.00 h
No pavillón do Restollal, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ás finais do campionato de voleibol organizado polo Club Deportivo Conxo

19.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asisten á entrega de trofeos do XI Día interautonómico do Minibásquet.

20.00 h
Na igrexa da Universidade (praza de Mazarelos), o concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, asiste ao concerto de clausura do ciclo Cine Classics,12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

Compartir: