Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 19 de xuño

9.00 h
No salón verde, reunión da Comisión informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e especial de Contas.

9.30 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, inaugura a Xornada de Cooperación Empresarial Getting Contacts! Ás 11.00 h, presentacións aos medios.

11.00 h
En Barcelos (Portugal), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á comisión executiva do Eixo Atlántico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, da primeira tenente de alcalde e concelleira de Economía e Turismo, Reyes Leis, e da voceira do goberno, Paula Prado, para dar conta da Comisión informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e especial de Contas.

12.00 h
No Instituto Xelmírez I, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar un proxecto medioambiental que se realiza conxuntamente co devandito centro.

12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, asina co presidente de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), Anxo Queiruga, un convenio de colaboración para a posta en marcha dun servizo de préstamo de produtos de apoio de segunda man para persoas con algunha discapacidade ou en situación de dependencia.

13.00 h
No salón vermello, a primeira tenente de alcalde, Reyes Leis, xunto co concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibe os integrantes da peña ciclista "Amigos de Santiago".

16.30 h
No CEIP Apóstolo Santiago, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, clausura a escola deportiva do devandito centro.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, concerto de Grupos de Cámara da EAEM (Quinteto de metais) dentro do ciclo 'A escola na Cidade'.

19.30 h
No arquivo da Cidade da Cultura, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á inauguración da exposición do centenario de Eugenio Granell.

20.30 h
No CGAC, concerto de Grupos de Cámara da EAEM (Dúo percusión e violín/Quinteto de ventos) dentro do ciclo 'A escola na Cidade'.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Arte Livre presenta 'O retrato de Dorian Grey' de Oscar Wilde. Roberto Cordovani, dirección. Con Roberto Cordovani, Bruno Portela, Javi Toste e Cristina Collazo.

Compartir: