Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 20 de decembro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar SantiagoLandia, evento para nenos que se celebra do 22 ao 30 de decembro. Asiste o organizador do evento, Sindo Alonso.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes sindicais.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, para presentar o programa " A fábrica de agasallos. Nadal en verde na Alameda".

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o director da Real Filharmonía de Galicia, Antoni Ros Marbà, que este xoves dirixe o seu último concerto como director titular.

12.45 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Salón Vermello, recepción de Nadal aos cidadáns de Santiago.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbà dentro do Programa de Abono.
21.00 h
Na Zona "C", Los Deltonos presentan o seu novo disco 'Saluda al campeón' dentro do ciclo Compostela Rock.

22.00 h
Na Sala Capitol, final do V Certame MusicaXove’12. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Vive o Nadal 2012
20.00 h No salón de actos do Centro Sociocultural de Vite, actuación do grupo Aerosoul, viaxe musical pola historia da música pop. Publico familiar.
20.00 h No salón de actos do Centro Sociocultural das Fontiñas, Asociación coral Pontemantible- Guadalupe. Público familiar.

Compartir: