Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 10 de decembro

11.00 h
En Lavacolla, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo da festividade da Virxe de Loreto, patroa do Exército do Aire. Punto de encontro: igrexa parroquial.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Vías e Obras, Juan de la Fuente, para presentar o proxecto de mellora de beirarrúas no Ensanche.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, para presentar o programa "Nadalamos".

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou para presentar as dúas obras que quedan dentro do ciclo Teatro&Danza neste 2012: 'Gharbo!' o día 12 e 'El Montaplatos' o 19. Na rolda estarán tamén, para presentar 'Gahrbo!' Nelson Quinteiro, director escénico; Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, músicos; Iván Villar, coreógrafo; e Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego. Nota: No transcurso da rolda interpretaran unha peza musical.

20.30 h
No Teatro Principal, representación de 'A balada do cárcere de Circe' de Mulleres de Moaña dentro do festival de Teatro Agustín Magán.

Compartir: