Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de setembro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do curso 2011-2012 do "Forum Europa. Tribuna Galicia", na que actuará como ponente o ministro de Fomento, José Blanco.

12.00 h.
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás; o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva; e o director técnico da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch, para presentar o programa de abono 2011/2012 do Auditorio de Galicia-Real Filharmonía de Galicia.

13.00 h.
No Salón Vermello da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe un grupo de 50 peregrinos da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia.

13.30 h
No CEIP Santiago Apóstolo, a concelleira de Benestar Social, Paula Prado, clausura e preside a entrega de diplomas do Campamento Conciliación Familiar do programa Urbana Santiago Norte.

17.00 h
Na praza do Toural, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á demostración en vivo de ourivaría realizada pola Asociación Ourives de Compostela.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o xefe do Aeródromo Militar de Lavacolla, Eduardo Canelada.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o xefe do Destacamento de Tráfico de Santiago, Miguel Soldán.

19.30 h.
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de clausura do I Encontro Internacional Peregrinos Musicais coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave e acompañada por algúns dos novos talentos musicais rusos e galegos que participaron no encontro.

Compartir: