Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 6 de setembro

09.00 h
Na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre (Vía Edison,1), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa directiva da entidade.

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

11.30 h
En Pontepedriña (Escultor Camilo Otero, 2), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita as instalacións da residencia da terceira idade promovida pola Fundación José Otero-Carmela Martínez xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

14.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese co presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán.

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto Novos Talentos musicais Santiago de Compostela e Moscova dentro do I Encontro Internacional Peregrinos Musicais.

Compartir: