Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 14 de setembro

A partir das 9.00 h
O concelleiro de Educación e Cultura, Ángel Currás, visita os colexios Lamas de Abade, Apóstolo Santiago e López Ferreiro.

9.30 h
En San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa na apertura das xornadas de marketing político "Política 2.0".

11.30 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da obra de mellora da seguridade viaria da estrada AC-841 Castiñeiriño-Os Tilos. Punto de encontro: rotonda de acceso ao colexio Peleteiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio, José Víctor Carou, para presentar o XII Ciclo de Lied.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración da exposición "Arte e edición".

Compartir: