Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 13 de setembro

9.00 h
Na EGAP, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración das Xornadas de Seguridade Vial.

A partir das 9.00 h
O concelleiro de Educación e Cultura, Ángel Currás, visita os colexios de Vite, Fontiñas e Raíña Fabiola.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a Simón Enrique Sabariz Rolán, novo comisario de Policía de Santiago. (Ao rematar o encontro o alcalde fará declaracións aos medios).

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños Conxo Aberto. Estará acompañado polo concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya.

20.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños Álvaro Cunqueiro do polígono de Vista Alegre. Estará acompañado polo concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya.

Compartir: