Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 24 de agosto

9.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o secretario xeral de UGT Compostela, Antonio García.

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o equipo organizador do Womex (World Music Expo).

12.00 h.
No Hotel Congreso, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á ROLDA DE PRENSA do piloto santiagués Luis Penido e do ciclista Óscar Pereiro para presentar a súa participación como equipo no Rallye San Froilán.

FESTIVAL DOS ABRAZOS
20.00 h. Na praza da Oliveira, Gayo-Pinheiro presentan Área de Descanso. Cabaré-teatro. Galicia (Se chove será no Teatro Principal).
21.00 h. Na praza de Cervantes, Noites en Cervantes: Sons da Cidade Vella con Lobalú+Aquarela do Brasil (jam session) dentro do Feito a Man. Música. Brasil_Angola_Galicia.
22.00 h. Na ruela de Xerusalén proxección de Camino a Nahr Al Bared dentro da mostra Amal.

Compartir: