Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 7 de maio

9.30 h
No edificio do Cersia (San Lázaro), o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presenta as xornada "Boas prácticas en atención temperá".

11.30 h
Na Catedral de Santiago, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto central do 800 Aniversario da Consagración da Catedral.
A basílica compostelá será escenario dunha celebración relixiosa solemne en recordo da consagración da catedral románica que tivo lugar en 1211, presidida polo entón rei de León Afonso IX, ao que acompañaron o seu fillo, o Infante Fernando, dez bispos galegos e portugueses e todas as personalidades eclesiásticas e civís de León e Galicia.

17.30 h
No CSC de Conxo, 'Estamos de foto! Saídas, xogos, obradoiros de cociña, visiats... todo foto a foto' dentro do programa da Aula de Xogo.
18.30 h
No LSC de Laraño, Instruentos musicais do río.
21.00 h
No LSC de Laraño, Foliada.
21.00 h
Sons da Diversidade
No Auditorio de Galicia, concerto de Eleftheria Arvanitaki dentro do ciclo Sons da Diversidade.
Todo o día
VIII edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes.
Consultar a programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: