Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de abril

11.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Participación Cidadá e Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, participa na charla-presentación do proxecto de toponimia lúdica "Atopando Compostela" que consta dun xogo educativo sobre a toponimia do Concello de Santiago, dirixido á educación secundaria co afán de que os rapaces/as se familiaricen cos nomes propios dos lugares do concello en que viven. O acto estrutúrase en dúas partes:
- Breve charla ofrecida polo profesor Gonzalo Navaza Blanco sobre unha "Aproximación á importancia da toponimia. A toponimia compostelá".
- Proba de xogo por parte de alumnado dos centros de ensino.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e do presidente da Fundación Balms, Antonio Heredero, para presentar a II Cea Benéfica da Fundación Balms para a Infancia en Santiago, en colaboración con Santiago Centro.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Compartir: