Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 29 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina o convenio polo que Froiz e Avante Márketing & Medios se convirten en patrocinadores do 800 Aniversario da Catedral.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de maio.

12.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibe o grupo de alumnos de Ávila que participan no programa Coñecer as Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no XXIII Congreso da S.X. de Xerentoloxía e Xeriatría.

16.00 h
Na sede da Delegación do Goberno (A Coruña), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina o acordo relativo á Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Santiago (12ª fase), acto que estará presidido polo ministro de Fomento, José Blanco.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, Traspediante presenta, dentro do ciclo SCQ Danza, 'Habelas', unha coreografía de Begoña Cuquejo e Marta Alonso dirixida por Begoña Cuquejo.

Compartir: