Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de abril

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Johannes Debus.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Paula Prado, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; e os catro membros de Marful: Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual sobre o concerto que darán o sábado no Auditorio de Galicia no que presentarán o seu último traballo 'Manual de Sedución'.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos integrantes do grupo ANATOLE, que estudia en Santiago de Compostela as vantaxes que o desenvolvemento dos mercados de proximidade ofrece ás ciudades europeas.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras Elvira Cienfuegos e Marta Álvarez-Santullano, acompañadas de Lucía Parente en representación de Adega, para presentar o programa de Compostaxe Doméstica.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina o acordo polo que Tranportes Mosquera se convirte en patrocinador do 800 Anviersario da Catedral.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 511174. Rúa do Pombal, número 28.
3. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 111903. Casas Reais, número 20.
4. Aprobación inicial da ordenanza municipal de tramitación de actividades.
5. Comparecencia a petición do grupo municipal do Partido Popular, de Dona Mercedes Rosón Ferreiro.
6. Comparecencia, a petición propia, da concelleira dona Mar Martín García.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coa regulación dos servizos de madrugadores, comedores e actividades extraescolares no centros docentes públicos.
8. Proposición do grupo municipal do Partido Popular en relación coa UMAD, solicitando que nos procedementos de contratación e nos casos nos que a proposta de adxudicación non a realice unha mesa, se estableza un modelo de declaración de intereses que formalizará quen realice as propostas de contratación.
9. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
Na Zona "C", apertura da exposición 'Un acto heroico' de David Rubín dentro das actividades do VIII Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Participan o propio David Rubín; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez: o director de Curtocircuíto, Tim Redford; e Mamen Quintas e Julio Casal de Ficción Producciones.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Johannes Debus con Håkan Hardenberger, trompeta.

Compartir: