Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 8 de marzo

11.00 h
Na Alameda (a carón da estatua de Rosalía), a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presenta o material informativo sobre as árbores senlleiras da Alameda.

12.00 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, dá a coñecer o fallo do II Premio de Ensaio Xohana Torres, dentro dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

ANTROIDO 2011

13.00 h.
Animación de rúa. Paseo Central da Alameda
16.30 h.
CONCENTRACIÓN de carrozas, comparsas e charangas
Estación do Ferrocarril
17.30 h.
DESFILE DE ANTROIDO
polas rúas Romero Donallo, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Senra, para rematar na Avda de Xoán Carlos I.
19.30 h.
Actuación da orquestra ISMAEL
Paseo Central da Alameda
21.00 h.
Decisión do xurado e ENTREGA DE PREMIOS
Ao remate da entrega de premios, actuación da orquestra ISMAEL
Paseo Central da Alameda

Compartir: