Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 4 de marzo

10.30 h
No CSC das Fontiñas, Os almorzos das Fontiñas dentro do programa da Aula de Informática.

11.15 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, visitan as obras de reurbanización realizadas nas rúas do Ensanche Vello. Punto de encontro: cruce das rúas Gómez-Ulla e Curros Enríquez.

11.30 h
No CSC Jose Saramago de Vite, saída cara ao Museo de Historia Natural dentro do programa de Visitas Culturais.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
No Centro Sociocultural de Conxo, presentación do libro "Historias do Entroido de Conxo: a comparsa dos anos 40 e 50" enmarcado no programa A Memoria da Xente, realizado a partir da documentación achegada por veciños e veciñas de Conxo.

18.00 h
No LSC de Lamascal, Obradoiro de Novas Tecnoloxías baixo o nome Costumes do Entroido.

18.30 h
No LSC de Viso, Títeres Cascanueces presentan Un conto de sempre dentro do programa Asómate ao Entroido.

19.15 h
No LSC de Lavacolla, o Mago Marttyn presenta IlusionArte dentro do programa Asómate ao Entroido.

Compartir: