Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de marzo

11.30 h
Na sede da FEGAMP (rúa Varsovia, 4ºC, 2ª planta, Área Central), a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, participa, xunto co presidente da FEGAMP, Carlos Fernández, e os concelleiros de Educación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo, na ROLDA DE PRENSA de presentación da I XORNADA TÉCNICA SOBRE CONCELLOS E EDUCACION EN GALICIA.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, para presentar o xogo da toponimia do Concello "Atopando Compostela", realizado en colaboración coa Asociación Galega de Onomástica.

17.30 h
No Teatro Principal, congreso "A cidade intuída. Compostela 2021".
17.30 h. — Exposicións
INTRAMUROS: Consorcio de Santiago
VIRXE DA CERCA: 2C arquitectos
SAN ROQUE: Abalo Alonso arquitectos, Escaleno arquitectura e Salgado e Liñares arquitectos
19.30 h. — Conferencias
José Miguel Iribas, Sociólogo especializado na diagnose territorial, urbanística e turística, é habitual colaborador en plans de ordenación urbana. José Miguel Iribas é responsable da estratexia do proxecto "Valencia Litoral".
Xaime Subiela, Sociólogo e politólogo, foi director técnico do proceso participativo para a definición de usos e contidos da Cidade da Cultura.

18.00 h
No LSC de Grixoa, obradoiro Novas Tecnoloxías. Costumes de Entroido.

18.00 h
No LSC da Peregrina, obradoiro de Máscaras de Entroido.

19.30 h
No CSC José Saramago de Vite, Tanianuria Contacontos, dentro do programa Letras Vivas Animación.

Compartir: