Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 23 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar a memoria de actuacións do programa ACCEDER que desenvolve a Fundación Secretariado Xitano. Na rolda tamén estará un representante desta entidade.

12.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visita a Selva Negra.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.50 h da Praza do Obradoiro.

19.00 h
No CSCXM do Ensanche, proxección de "Entre Bateas" (2002), dentro do Ciclo Telefilmes do programa Cinemas Dixitais.

21.00 h
Teatro en Xira
No Teatro Principal, Tanttaka Teatroa presenta "La mujer justa" de Sandor Márai dentro do ciclo Teatro en Xira. Adaptación de Eduardo Mendoza. Con Rosa Novell, Cristina Plazas, Álex Casanovas e Oriol Algueró. Dirección de Fernando Bernués.

Compartir: