Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o domingo 20 de marzo

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns baixo o título "Compositores valencianos".

12.30 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá un encontro cos veciños de Lavacolla con motivo da posta en marcha da ampliación da rede de abastecemento de auga.
Punto de encontro: escalinata da Igrexa.

18.00 h
No Teatro Principal, concerto do grupo Mamá Cabra co seu espectáculo "Ola, ola, lá!" para os nenos e nenas de Compostela. As familias poden retirar as entradas (ata cubrir aforo) unha hora antes do concerto na billetería do Teatro Principal. Estes concertos forman parte do programa de Dinamización Lingüística "Bocaberta" posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración da Concellería de Educación de Santiago de Compostela.

Compartir: