Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de marzo

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao almorzo informativo ofrecido por Nueva Economía Fórum no que actuará como ponente o ministro de Fomento, José Blanco.

11.00 h
No Salón Real do Hostal dos Reis Católicos, protocolo de colaboración entre o Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio de Fomento, para a creación en Santiago de Compostela do Centro Estatal de Formación en Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción. Intervención dos asinantes:
D. Hipólito Trinidad Losada, Presidente do Consello Territorial de Galicia. Fundación Laboral da Construción
D. Juan F. Lazcano Acedo, Presidente da Fundación Laboral da Construción
Dña. Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo e Benestar
D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
D. Xosé A. Sánchez Bugallo, Presidente do Consorcio de Santiago e Alcalde de Santiago
D. José Blanco López, Ministro de Fomento

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural da concellaría para o mes de marzo.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias para presentar a Homenaxe ao Comercio Compostelán do ano 2011.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

15.15 h
O ministro de Fomento, José Blanco, xunto co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras da Liña de Alta Velocidade e do túnel do Hórreo. (Adxuntamos convocatoria da Delegación do Goberno en Galicia).

17.30 h
No Teatro Principal, congreso "A cidade intuída. Compostela 2021".
Cidade histórica/contemporánea
17.30 h - Exposicións
PORTA FAXEIRA Creus e Carrasco
HORTAS Crecente–Fuertes e Carlos Fernández
SAN PEDRO Celso Barrios, Manuel Carbajo e Juan Pinto
19.30 h - Conferencias
Juan Domingo Santos (Arquitecto e profesor de proxectos na ETSA de Granada. Desenvolveu co seu traballo unha liña de investigación arredor da intervención sobre o patrimonio).
Manuel Gallego (Arquitecto pola ETSA de Madrid en 1963, onde tamén se doutorou, é todo un referente da arquitectura en Galicia e no resto do Estado. Premio Nacional de Arquitectura en 1997 polo Museo de Belas Artes da Coruña ven de recibir a Medalla de Ouro que concede o CSCAE).

18.00 h
No LSC de Lamascal, Obradoiro Máscaras de Entroido.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono do Ciclo de Piano "Ángel Brage" con Alice Sara Ott

Compartir: