Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe unha representación da cidade polaca de Szczecin, que se atopa en Santiago para coñecer os sistemas telemáticos de xestión do transporte público de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, entrega, xunto co concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, os premios Compostela Activa 2011.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, concentración de apoio e solidariedade co pobo xaponés no que intervirá o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a veciña de Santiago de orixe xaponesa, Megumi Schiozawa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
En Tras Paxonal (Castiñeiriño), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de colocación da primeira pedra da construción do Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela".

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, inauguran a exposición "A autonomía galega nas caricaturas de Siro". Contarase coa presenza do autor, Siro López, que compartirá co parlamentario Ceferino Díaz unha charla acerca do estado das autonomías.

21.00 h
No Teatro Principal, Concerto de Roy Hargrove Quintet dentro do IV Ciclo de Jazz 1906.

Compartir: