Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de marzo

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de TUSSA.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, baixo o título "O século XX mira ao pasado".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Zona "C" (San Domingos de Bonaval), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; e Ana Amada, comisaria da exposición de Nuria Ruibal "Entre a razón e a pel" para presentar o catálogo da Zona "C" Xaneiro 2010-Xaneiro 2011 que recolle as intervencións realizadas na sala durante ese periodo.

12.00 h
Na sede do Consorcio de Santiago (rúa do Vilar, 59, Santiago de Compostela), presentación da iniciativa de participación cidadá Compostela abraza á súa Catedral. Asisten:
Xosé A. Sánchez Bugallo, Alcalde e Presidente do Consorcio de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, Xerente do Consorcio de Santiago
Xosé Manuel Rodríguez Abella, Xefe do Departamento de Educación do Concello de Santiago

13.00 h
Na Fundación Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Padroado da devandita fundación.

21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, dentro do ciclo SCQ danza, a Compañía Nuria Sotelo presenta Métanse nos seus asuntos. Creación de Ana Vallés e Nuria Sotelo. Dirección de Ana Vallés e interpretación de Nuria Sotelo.

21.00 h
No Casino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á entrega do VII premio Novela Europea "Casino de Santiago".

Compartir: