Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 14 de marzo

11.00 h
Na Facultade de Dereito, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia inaugural das "Primeiras Xornadas Compostelás de temas actuais de Dereito Procesual e Dereito Penal" pronunciada polo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar a exposición conmemorativa do 50 aniversario da asociación cultural O Galo. Intervirán tamén o actual presidente da asociación, Óscar Fernández Refoxo, e o presidente da Fundación 10 de Marzo, Ricardo Gurriarán.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Andrés Fariña, para presentar a terceira guía de seguros con motivo do Día Mundial do Consumidor, que se celebra o martes 15 de marzo. Na rolda tamén estará o secretario xeral da Asociación de Consumidores de Galicia, Miguel López.

12.15 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e o xerente de Kalandraka Editora, Xosé Ballesteros, inaugura a XI Campaña de Animación á Lectura.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o proxecto de dinamización e integración social dende a práctica deportiva "Fútbol Social", no que colabora o Xacobeo Lobelle. A continuación, presentará unha nova edición do curso "A saude a través da arte".

13.00 h
Na Casa do Concello, recepción ao club Xacobeo Lobelle, gañador da Copa Xunta de Fútbol Sala.

Compartir: