Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de febreiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, e do concelleiro de Sanidade, Andrés Fariña, para presentar a campaña "Convivencia Guauuuu".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a exposición "A Memoria da Xente". NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 12.30 h da Praza do Obradoiro.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Proposta da Alcaldía de distincións ano 2011 a membros da Policía Local.
3. Aprobación provisional da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal relativa ao incremento da densidade dos solos urbanizables non delimitados tipo A.
4. Aprobación definitiva do estudo de detalle nas parcelas A1, A2, A3, A4, A5, A6 e A7 do solo urbanizable non programado número 20 (SUNP-20). Amanecida.
5. Proposición dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e BNG sobre o compromiso de realoxo dos afectados pola expropiación prevista das parcelas 4 e 8 do ámbito do SUNP-22 (Banco do Pobre).
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE co gallo do día 8 de marzo, día internacional da muller.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á demora na construción dos centros de saúde no casco histórico e en Conxo.
8. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Helmuth Rilling. Con Lenneke Ruiten, soprano; Ilya Fischer, violín; Claudio Guridi, violín; Daniel Kordubaylo, violín; Lauren Blaiteau, frauta; Christina Dominik, óboe; e Javier Simó, trompeta

Compartir: