Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de febreiro

11.00 h
Na Escola Infantíl Municipal de Conxo (Praza Aurelio Aguirre,s/n), a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste á actividade dedicada á música que desenvolverán os nenos e nenas da escola dentro do proxecto A Familia Redonda. Trátase dunha sesión de sensibilización arredor da música e de achegamento á práctica musical a través de contos, cancións, xogos, obradoiros, etc, realizada co asesoramento dos profesionais da Escola Municipal de Música de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a campaña de Difusión das Empresas de Inserción Laboral, que se realiza en colaboración coa Plataforma polo Emprego.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

21,00h.
SCQ Danza
No Teatro Principal, Mopa presenta Espérame despierto. Con dirección e coreografía de Juan Kruz Díaz de Garaio Esnaola e creación, coreografía e interpretación de Eloísa Cantón e Juan Luis Matilla.

Compartir: