Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de febreiro

10.30 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, asiste ao acto de presentación do novo Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Compostela "Sarela".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Seoane, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e da xerente de Turismo de Santiago, Maruxa Ledo, para presentar as actividades de Turismo de Santiago no Fórum Gastronómico de Girona.

20.00 h
No Centro Social de Novacaixagalicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia que pronunciará o secretario xeral de Transportes do Ministerio de Fomento, José Luís Cachafeiro, baixo o título "O Plan Estratéxico para o tráfico ferroviario de mercadorías" dentro do ciclo organizado polo Club Financeiro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá e con Benedetto Lupo ao piano.
21.00 h
No Teatro Principal, Ancora Produccións presenta Pisados -Botamán de Melide, o home que falaba cos zapatos-, de Gustavo Pernas Cora. Dirixida por Anxela Abalo.

Compartir: