Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o Festival 'Soños de Chequia' que se celebrará en Santiago do 4 ao 6 de novembro. Na rolda estarán tamén David Dittrich, director do Festival, e Aleš Březina, dramaturgo, director do Institute of Bohuslav Martinů e colaborador do proxecto.

15.00 h
No Hotel Congreso, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á comida homenaxe ao ex comisario da Policía Nacional de Santiago, José Luis Fernández.

18.00 h
Na Casa do Concello, comisión asesora do Casco Histórico.

20.00 h
No Colexio Maior Arosa (rúa Laverde Ruíz), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de apertura do curso académico 2011-2012.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá, con Jack Liebeck, violín. .

Galicreques
11.30h. No Teatro Principal, 'La Carpa de los Dos Colores' dentro do XVI Festival Internacional de Títeres Galicreques.
20.30h. No Teatro Principal, 'Recuerdos' dentro do XVI Festival Internacional de Títeres Galicreques.
Programación completa en www.galicreques.com

Compartir: