Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 24 de outubro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á conferencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, organizado por Fórum Europa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, para presentar un ciclo de talleres dirixido ao sector comercial do Barrio de San Pedro dentro do programa Urbana Santiago Norte.

12.30 h
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visita, xunto co concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, as obras que se están a realizar no Campus Vida.
Punto de encontro: diante da Facultade de Políticas.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños da Almáciga.

20.00, 22.00 e 23.59h.
No Teatro Principal, proxección de varios filmes dentro do IX Festival internacional de Cine Euroárabe Amal.

Compartir: