Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 22 de xaneiro

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Copa do Mundo de Fútbol, que poderá ser visitada polos cidadáns desde as 10.30 h ata as 19.30 horas de forma ininterrompida na Sala de Prensa do Concello.

12.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición fotográfica "Instantáneas do Camiño", formada por unha escolma das fotografías presentadas polos participantes do programa "Fai o Camiño Connosco", organizado pola Concellería de Participación Cidadá.

19.15 h
No CSC das Fontiñas, Concerto a cargo dos alumnos e alumnas das Xornadas Musicais que organiza a Asociación Cultural e Musical Solfa. A continuación, concerto didáctico a cargo do Quinteto de Metais Samaín.

Compartir: