Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de xuño

Santiago Une - Rennes
9.00 h
En Rennes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Asemblea Extraordinaria da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico. Ás 11.00 h, participa na sesión o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías.
17.00 h
Na Oficina de Turismo de Rennes, inauguración da exposición "Santiago une Europa".
19.15 h
Na sede do Concello de Rennes, acto de ratificación do irmandamento entre Rennes e Santiago de Compostela. Ambas cidades asinarán un protocolo de colaboración.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar a Festa do Solsticio de Verán e o Programa de Verán da Concellería de Participación Cidadá.

16.00 h
No Hospital Clínico, Concerto da Escola Estudio, dentro das actividades programadas con motivo do Día Europeo da Música, que se conmemora o día 21 de xuño. Organiza a Concellería de Educación.

19.00 h
No CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, Caramuxo Teatro presenta Os Bolechas dentro do programa de Letras Vivas.

19.30 h
No Teatro Principal, Concerto fin de curso da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela co título "Unha viaxe moi especial. O camiño dos sons", no que os diferentes alumnos/as das especialidades da Escola interpretarán pezas de varios estilos, a través da narración dun conto que recolle a viaxe dun peregrino polo mundo. Neste acto participarán máis de 100 alumnos/as.

Compartir: