Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 6 de maio

10.00 h
Na sede do Arcebispado (praza da Inmaculada, número 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co arcebispo de Santiago, Julián Barrio.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o concerto "Letras Galegas 2010. Homenaxe a Uxío Novoneyra", no que se dará a coñecer o novo disco da orquestra folk Son de Seu, Barlovento. Na rolda estará o director xeral da orquestra, Rodrigo Romaní.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar os resultados actuais da investigación da fonte que apareceu en San Clemente. A concelleira estará acompañada pola arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o festival POP NA ASCENSIÓN.

13.00 h
Na avenida de Lugo, número 13, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a residencia de estudantes Teniente Xeneral Barroso, onde ofrecerá unha charla aos rapaces.

18.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no 2º Seminario Internacional WEED (Muller, Empresa e Emprego no Desenvolvemento Local).

19.00 h
Na Casa das Asociacións, posta en marcha do CENTRO MUNICIPAL DE MEDIACIÓN CIDADÁ cunha charla a cargo do licenciado en psicoloxía e director de varios centros de mediación en Cataluña, Javier Wilhelm Wainsztein. Asiste a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez.

19.30 h
No CSCX do Ensanche, Obradoiro poético e recital comentado con Yolanda Castaño, dentro do programa Letras Vivas Creación.

20.00 h
Na Alameda (Feira do Libro), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro Denso arrecendo a salgado, de Manuel Portas.

Compostela Máxica
10.00h. No Teatro Principal, Maxia Escolar con Alan, Mago Rafa, Mago Pablo, Mago Richard e Consuelo Lorgia.
12.00h. No Teatro Principal, Maxia Escolar con Alan, Mago Rafa, Mago Pablo, Mago Richard e Consuelo Lorgia.
13.00h. Na Praza Roxa, Maxia na Rúa con Willy Monroe.
13.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na Rúa con Morrison.
18.00h. No CSC Aurelio Aguirre de Conxo, Maxia nos Centros Socioculturais co Mago Pablo.
19.00h. No CSC José Saramago de Vite, Maxia nos Centros Socioculturais co Mago Adry.
19.00h. Na Praza Roxa, Maxia na Rúa con Kayto.
19.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na Rúa con Willy Monroe.
20.30h. No Auditorio de Galicia, Gala Unipersonal con Juan Tamariz que presenta o seu espectáculo Magia POtagia no que conta coa colaboración especial de Consuelo Lorgia.
23.30h. No Pub Deluxe, Noite Máxica.

Compartir: