Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 31 de maio

10.00 h
No CSC Agustín Bueno do castiñeiriño, Mostra Didáctica Músicas do Mundo dentro do ciclo No Campo de Fóra en colaboración con aCentral Folque.

11.00 h
Na Algalia de Arriba, 15, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, comenza o percorrido de entrega das bandas de escaparatismo aos estabelecementos gañadores da Edición de Primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Os horarios son:
11,00 h. Entrega da banda de escaparatismo ao segundo clasificado no certame: Mamá Egue. Rúa da Algalia de arriba, 15. Tamén se lle fará entrega dunha figura de Sargadelos como premiado no Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009, na categoría de autoemprego.
11,20 h. Entrega da banda de escaparatismo ao primeiro clasificado: Spiral. Rúa do Doutor Teixeiro, 30 A.
11,40 h. Entrega da banda ao terceiro clasificado: Castelcán: Rúa de García Prieto, número 10.

12.00 h
No Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Elvira Cienfuegos, e de Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar "Flores na Cidade.II Concurso de Balcóns".

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro Yesses presenta Europaz de Alejandra Juno, dirixida por Elena Cánovas.

Compartir: