Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 3 de maio

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de maio.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Seminario Internacional Weed (Muller, empresa e emprego no desenvolvemento rural).

12.30 h
Na Fundación Compostela Deporte, presentación da IV Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre. A rolda de prensa estará presidida polo vicepresidente da Fundación Compostela Deporte e concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e contará ademais coa presenza de Jesús Chenel, presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre; Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de Atletismo; o xefe do departamento de deportes da USC, Mariano García Verdugo; e o atleta compostelán Pedro Nimo.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o Plan Estratéxico para o Turismo de Santiago 2010-2015 ao sector. Asiste o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

Compostela Máxica
12.00h. No Teatro Principal, Maxia Tecnolóxica co Mago Richard
19.00h. Na Praza Roxa, Maxia na Rúa co mago Morrison.
19.00h. Na Praza das Praterías, Maxia na Rúa co mago Willy Monroe.
21.00h. Na Praza Roxa, espectáculo do mago Víctor Cerro
23.00h. No Pub Dado Dadá Noite Máxica co Mago Teto

Compartir: