Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de maio

10.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, a tenenta de alcalde e concelleira de Cultura, Socorro García Conde, recibe aos participantes na reunión da Comisión Técnica de Cultura das Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.45 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. .

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Nobel de Química en 1996, Harold Walter Kroto, que se atopa en Santiago para participar no V Programa ConCiencia que organizan a USC e o Consorcio de Santiago.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Estiramentos e relaxación II dentro da programación do Clube dos Maiores.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación provisoria da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do solo urbanizable delimitado número 7 (SUD-7). Vite de Arriba.
3. Aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal reguladora da emisión de ruídos, vibracións e condicións dos locais.
4. Proposición do grupo municipal socialista instando á Xunta de Galicia á licitación do centro de saúde de Galeras.
5. Proposición do grupo municipal do BNG relativa ao cumprimento da Lei de Memoria Histórica.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular de rexeitamento ao anuncio do goberno de conxelación das pensións.
7. Dar conta do informe anual das queixas e suxestións presentadas no Concello no ano 2009.
8. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección do documental Memorial de Camposancos dentro do programa Cinemas Dixitais.

19.30 h
No Teatro Principal, concerto Didáctico para Maiores da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá e coa mezzosoprano Maris Martins.
VII edición de Curtocircuíto
16.00 h. Na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Obradoiro Paleta Gráfica Codeco.
16.30 h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 2.
18.30 h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Explora 1.
19.30 h. No Pub Garum, Happy Hour.
20.30 h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 1.
21.30 h. Na Sala Nasa, concerto de Transilvanians.
22.30 h. No Teatro Principal, Proxección de Curtametraxes da sección Internacional 7.
22.30 h. No Salón Teatro, Proxección de Curtametraxes da sección Galiza 1.
00.00 h. Noite no Ultramarinos.

Compartir: