Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 21 de maio

9.45 h
No Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o alcalde compostelán,Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Xornada sobre vivenda social en aluguer, dentro do PROXECTO SUITE.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, xunto coa Fundación Balms para a Infancia, para presentar a 1ª Cea benéfica que terá lugar este sábado co obxectivo de recadar fondos para o proxecto da Casa da Infancia de Colombia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde para presentar o catálogo dixital da mostra María Xosé Díaz 1980-2010. Na rolda estará tamén a propia María Xosé Díaz, o comisario da mostra, Antonio Garrido e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

18.00 h
No LSC de Busto, Titiriarte: Obradoiro de creación de títeres dentro do programa de animación á lectura Santiago Encantado.
18.00 h
No CSC de Conxo, Argallando: Obradoiros de animaicón á lectura e animación de bibliotecas dentro do programa Letras Vivas Animación.
19.00 h
No LSC das Cancelas, Soledad Felloza, contacontos dentro do programa Santiago Encantado.

21.00 h
Teatro e Danza en Xira
No Auditorio de Galicia, o Centro Dramático Nacional presenta Platonov de Chejov, en versión de Juan Mayorga, dentro do programa Teatro e Danza en Xira. Dirixida por Gerardo Vera.

Compartir: