Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 14 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Premio Arará que recibiu o vídeo de promoción turística da cidade "Santiago é Grande". Na rolda tamén estarán Daniel de la Torre, director do vídeo promocional, e Antonio Veiga, xefe de produción de Ficción Producciones.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
O voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, visita o barrio de Pontepedriña. Punto de encontro: Churrería Don Fernando (enfrente a Hipercor).

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co coronel xefe de base, xeneral almirante Francisco Javier Morales Marina e cos alcaldes das localidades valencianas de Marines, Olocau, Gátova e Lliria.

18.00 h
No LSC de Busto, Titiriarte, Obradoiro de creación de títeres dentro do programa de Animación á Lectura Santiago Encantado.

18.00 h
No CSC de Conxo, Argallando, Obradoiro de animación á lectura e animación de bibliotecas dentro do programa Letras Vivas Animación.

19.00 h
No LSC de Marrozos, actuación da contacontos Charo Pita dentro do programa de Animación á Lectura Santiago Encantado.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto "HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA" con motivo das Letras Galegas, no que se presentará o novo disco da orquestra folk SonDeSeu, Barlovento. Colabora a Concellería de Educación.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2010
venres, 14
18.00 h. ROCK’ AND MICRO. O Rockumental para toda a familia
Teatro Principal
Entrada libre

20.00 h. XXXIV Campionato de Chave
Paseo da Alameda

20.00 h. Pasarrúas da charanga TNT
22.00 h. Orquestra GALILEA
Paseo Central da Alameda

22.00 h. POP NA ASCENSIÓN:
SIDONIE
NIÑOS MUTANTES
ARIZONA BABY
JONSTON
DIRTY SOCKS
Campus Sur
Entrada libre

22.00 h. Ciclo Xacobeo IMPORTA
RAEKWON (WU-TANG CLAN) Hip hop (Nova Iorque)
Sala Capitol

22.30 h. Música no Toural:
THE NEW COVERS BAND
DANIEL SPILLER & THE BROKEN RECORD PROJECT

Compartir: