Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 12 de maio

10.00 h
Na Praza do Obradoiro, Concurso de Enxeño e Entretemento Matemático no que participarán 14 centros de ensino de Santiago de Compostela e comarca. A continuación (11.00 h), Paseo Matemático pola cidade. Actividade organizada pola Concellería de Educación e AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática).

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidenta da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago, Fanny Luna Villegas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, para presentar os Foros de Participación Cidadá 2010.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos membros da comisión executiva nacional de FECOMA (Federación Estatal de Construcción, Madera y Afines)

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o espectáculo familiar ROCK´AND MICRO.

20.00 h
No Teatro Principal, sesión especial de representación da obra premiada no XV Certame de Teatro Intercentros, organizado pola Concellería de Educación. Este ano a obra seleccionada foi "O ESPELLO DA ALMA" do grupo "Rosalía 2" do IES Rosalía de Castro. Ao finalizar dita representación farase entrega dos premios á mellor obra, ao mellor actor, á mellor actriz e ao mellor actor e actriz infantís do certame.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Abono da real Filharmonía de Galicia dirixida por Michal Nesterowicz con Javier Peianes ao piano.
FESTAS DA ASCENSIÓN 2010
Mércores, 12
12.00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festas
12.30 h. e 20.00 h. Pasarrúas: gaiteiros
12.30 h. Comparsa de cabezudos
21.00 h. Música no Toural: S.E.M. Big Band
23.00 h. Orquestra PARÍS
Paseo Central da Alameda
23.00 h. EMIR KUSTURICA & TNSO en concerto
Entrada Libre
Campus Sur

Compartir: