Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 5 de novembro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico con Odaiko Percussion Group.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do Centro Internacional de Prensa, instalado con motivo da Visita Peregrinación de Bieito XVI a Galicia.

20.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á conferencia de Clausura do Congreso Internacional "As Raíces do Humanismo Europeo e o Camiño de Santiago", que pronunciará o presidente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, Marcelino Oreja, baixo o título O legado de Santiago: un camiño de esperanza.

20.30 h
No CSC das Fontiñas, cata de queixos dentro do programa deCÁTAte.

20.30 h
No CSC de Conxo, cata de mel dentro do programa deCÁTAte.

Compartir: