Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 30 de novembro

11.00 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras de reurbanización de Galeras e A Choupana.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.00 h da Praza do Obradoiro.

11.00 h
No Teatro Principal, proxección para a prensa do filme de Oliver Laxe "Todos vós sodes capitáns".

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director de Cienruopa, José Luis Losa e o director de cine Oliver Laxe, con motivo da entrega do premio Cineuropa 2010 ao cineasta esta noite.

21.00 h
No Teatro Principal, gala de Cineuropa na que a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, fará entrega do Premio Cineuropa 2010 ao director de cine Oliver Laxe. A continuación proxectarase o seu filme "Todos vós sodes capitáns".

Cineuropa
Toda a información en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: