Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 26 de novembro

9.30 h
No Hotel Los Abetos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Xornada "O presente e o futuro do ferrocarril en Galicia".

10.30 h
No Teatro Principal, pase previo para a prensa de "O estranho caso de Angélica" de Manoel de Oliveira e que se poderá ver pola noite na entrega do premio Cineuropa a Pilar López de Ayala.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Consello Executivo de EducaRed, que se reúne en Compostela os días 25 e 26 de novembro. O programa EducaRed, que está impulsado pola Fundación Telefónica, Telefónica e organizacións do mundo educativo, proponse xeralizar Internet como ferramenta pedagóxica.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as propostas gañadoras do Concurso de novos proxectos empresariais Compostela Activa 2010.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director de Cineuropa, José Luis Losa; e a actriz Pilar López de Ayala, con motivo do premio Cineuropa 2010 que a actriz recibirá esta noite no Teatro Principal.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Asociación de Veciños de Guadalupe.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os participantes no I Congreso Nacional de Protocolo en Galicia.

20.00 h
No Salón de Actos da Escola Municipal de Música, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste ao concerto a cargo de profesores/as da Escola con motivo da celebración da patroa dos músicos, Santa Cecilia. Así mesmo está previsto que asistan os alumnos/as da Escola e as súas familias.

21.00 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea anual dos empresarios da Asociación da Área Empresarial do Tambre na que se rende homenaxe ás empresas que cumpren 25 anos na asociación.

21.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, entrega o premio Cineuropa 2010 á actriz Pilar López de Ayala. A continuación proxectarase o filme "O estranho caso de Angélica" de Manoel de Oliveira, no que participa a actriz.

Compartir: